Solidariedade, sona a sólido.
De feito, é sólida.
Sentimento irrumpible, acollida ao fuxido.
Coma do castigo á calor, síntela.
Como da calor ao castigo.
Se non podes facer outra cousa que dar.
Unicamente dar compaña.
E dala. Ahí te atopas, vivo!
Ás veces, os humanos precisamos do sólido.
Non estatuas, senón músculo, pálpito.
Momentos da vida con banda sonora.
Solidariedade sen rima, limpa, e sen adornos.
Solidariedade con nós mesmos.
Insumisión ante a opresión.
Todos somos todos, un.
Debémola ter, nós.
Desta vez impotentes, incapaces?
Que o lograran todo.
Que todo o corrompen.
Ou corromperon.
As meixelas dun mundo sanguento.
Escamas de sobreira.
Famento.
Solidariedade nos ollos do espectador.
A verdadeira película, a real, a sólida.
Atópase fóra do telón.
Solidariedade é tantas cousas...
Que as palabras escapan, atropélanse.
Especies, razas, risas, berros, músicas, miradas
pasado, presente, mans, escolas, trenzas...
Sen senso, que máis ten?
Sí que ten senso!
Solidifiquémonos!
Non coma estatuas, coma músculo.
Pálpito
¡Nuevo Canal Mujer! Moda, belleza, sexo, dietas, embarazo. más fácil y a tu alcance. Si quieres estar a la última, no puedes perdértelo.