MINIFUNDISMO LITERARIO A UN CLICK. XA CHEGACHES

Literatura de subsistencia para o século XXI, cos pés nesta terra e a cabeza no mundo.
Resistindo desde a poética de autoconsumo plurilingüe e libre, colocando letras contra barrioncas
e ti estás aí, eis o miragre.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Voltas



Encantaríame decircho con só unha palabra, neste caso, con só un adxetivo, pero...quén o ten?

Quén é o que acocha esas palabras que nos aforrarían o esforzo? Cal é o interés que ó leva a gardalas para él e non poñelas no diccionario?
Cómo che explico eu agora? Dando mil voltas arredor teu? Porque mira que arredor miña xa teño dado unhas cuantas. Imaxina, dende onte polo serán ata agora mesmo incluso.

Din tantas voltas, que cheguei a dubidar si polas rúas eu non existía para os demais, ou pola contra, se eu mesmo podía enchelas. Podo ser calquera de vos. Quen son? É esta a miña casa? é que non sei se teño estado aquí, por mais voltas que de, non me atopo.

salio fora, non me preguntes como o fixen nin por qué. Onde vou? e....estou seguro de que quero ir? Coido que non, mais, vou. As voltas é o que teñen, que te poden poñer en calquera sitio e de calquera maneira.
E de calquera maneira, foi como me atopei en calquera sitio. Querendo fuxir da intensidade. Escapei tantas veces, que rematei dándome de fociños contra ela, intensamente.

E agora? Que desculpa lle poño? Quédome cinguido a ela? como dous borrachos amigos que nunca antes se viran? Logo me da por insultala como por darlle bicos. Logo me dan ganas de berrarlle, como se non fosen eses detalles, pensar en morrer.
E quédome durmido, ou fago que durmo? Porque agora dou voltas pola cama, e non sei si é por atopar un burato entre as sabas onde acocharme das emocións que me fan mover ó dobre de velocidade, ou por brincar canto antes da cama para ir na procura delas. Tamén teño algo de adicción.
E volvo percorre as rúas, procurando, poñéndome peste, vindo e marchando, xogando as acochadas, confundíndote cada vez mais.
Vou dar unha volta, a ver si atopo ó cabrón que garda a palabra para aforrar todas estas voltas arredor teu.
Terá gardadas mais palabras que son miñas?
Vou dar unha volta.


Roi Xeira

1 comentario:

  1. Este texto da un mareo agradable, como o que nos quedaba ao baixar do tiovivo da foto, ou non?. E ten algo tamén de sensación de impotencia, da preguiza de falar ou de escribir e que as palabras, de existir, nos traicionen.
    grazas por este texto.

    ResponderEliminar