MINIFUNDISMO LITERARIO A UN CLICK. XA CHEGACHES

Literatura de subsistencia para o século XXI, cos pés nesta terra e a cabeza no mundo.
Resistindo desde a poética de autoconsumo plurilingüe e libre, colocando letras contra barrioncas
e ti estás aí, eis o miragre.

jueves, 22 de octubre de 2009

Días

O rostro, ausente. E cando estaba presente, inexpresivo.
Só de cando en vez deixaba fuxir algún aceno, como si tivese que deixar sitio para seguir enchéndose de melancolía.

Dous, case tres días sen falar. Víalo sentado, inmovil, sen pestanexar. Como se fose un dos bonecos que él tiña de pequeno. Eses cos que xogaba a calquera cousa. Tanto tiña correr e suar xogando o fútbol, como poñerse a facer cabriolas de todo tipo para chimparse na auga da súa bañeira. Incluso os trataba como pequenos amigos intelectuais ós que lle pedía consello. Eses que cando él non estaba, perdían a súa personalidade e ficaban coas pernas e brazos escarranchados de calquera xeito, coa mirada mais o sorriso fixos nun punto.

Cando cadraba de que eu miraba para él, e nese intre deixaba escapar algún xesto, era a única ocasión que eu tiña de facerlle un diagnóstico.
Eu algo cheiraba de que tiñan que ser cousas do amor. Últimamente pasáballe con frecuencia que na semana podía ter un par de días que non estaba para nadie. víalo, e semellaba que había mans que tiraban del cara a un lado e outros que empurraban nel cara o outro. Corría tolo por un laberinto de espellos na procura da saída antes de que se esgotase o tempo e lle estoupasen os cristais na cara.
Pero desta vez, nada daquelo. As mans eran incapaces de movelo, os cristais, se lle estoupaban non lle facían absolutamente nada. Nada lle facía nada, nin o tempo. O mesmo tempo que era quen de estragar todas as miñas ambicións por facer algo naqueles días, a él, nin lle miraba. Como se desta vez o tempo estivese en inferioridade nun combate que nunca antes perdera.
Só houbo un xesto no que a parte de collelo, puden ver algo.
Quedouseme mirando. Sabía que os seus ollos apuntaban en fite cravados en min, pero non estaba seguro de que él fose consciente. Ata que a súa mirada bosquexou un sorriso. Suficiente.

O corpo quedáralle esgotado das inquietudes das outras veces anteriores, das pelexas constantes con él mesmo. Non quixo seguir pelexando. Simplemente agora sabía que os días non eran inesgotables, e que ainda que él quixera estar con ela, escoitando o son das ondas das que tantas veces fantasearan, intentando saber que couasas pensaría ela del. Só tiña que esperala.

O sorriso, pareceume dicir que ainda así, levaba traballo. A súa mente seguía a traballar, traballar por só disfrutar as súas derradeiras palabras, as súas derradeiras imaxes. que non fosen treboada, só disfrute. Traballar por gañarlle a batalla á impaciencia.


Roi Xeira.

1 comentario:

  1. ¿ E como segue ? Gústame este texto, ese xogo no que o tempo xa non o mira e el está agotado de impaciencia. ¿Por qué de impaciencia? (Igual a impaciencia é a condición da negación do tempo, do dereito do tempo a existir. Gostariame ver cómo segue. Qué pasa despois. Por qué negar o tempo.

    ResponderEliminar